martes, 4 de marzo de 2014

NUTRIENTES
Os nutrientes son substancias químicas necesarias para a vida das células , inxerímolas nos alimentos .

NECESITÁMOLAS  PARA  3  FUNCIÓNS :
-ENERXÉTICA : Aporta enerxía para o funcionamento das nosas células .
-ESTRUCTURAL : Serve para a formación das estructuras do noso corpo .
-REGULADORA : Controla o bo funcionamento dos procesos biolóxicos .

TIPOS  DE  NUTRIENTES :
1  GLÍCIDOS ( Hidratos de Carbono): A súa función é aportar enerxía instantánea ao noso organismo. Pódese clasificar en dous grupos:

-Sinxelos : Són os azúcares de sabor doce e cristalinos, formados por unha ou dúas moléculas. Según de onde se obteñan poden ser: glicosa, fructosa, que proceden de mel e da fruta. Sacarosa, da cana de azucre e remolacha. E  lactosa do leite.

-Complexos: Están formados pola unión de moitos glícidos sinxelos, sobre todo de glicosa, non són doces nin cristalinos. Os principais són: 1 Almidón que se atopa nas plantas, patacas, arroz, cereais, pasta etc.
2 Glicóxeno atópase nos animais, na carne e no fígado. 3 Celulosa (fibra) atópase na parede celular das plantas, o noso corpo non o asimila, pasa polo tracto intestinal arrastrando as substancias non dixeridas.


2  LÍPIDOS  : (Graxas)  Són substancias non solubles na auga. A súa función é enerxética principalmente, o corpo almacénaos como enerxía dispoñible. Hai tres tipos de graxas:

- Graxas saturadas; Són de orixe animal, menos saudables que as insaturadas, e atópanse en estado sólido a temperatura ambiente coma o touciño, unto, manteiga.... 

- Graxas insaturadas; Proceden das plantas e do peixe azul, són máis saudables que as de orixe animal, atópanse en estado líquido a temperatura ambiente coma o aceite de oliva, xirasol, soja, palma e o peixe azul coma as sardiñas, anchoas, xurelos....

- Colesterol: É un tipo de graxa esencial para a nosa vida, xa que entre outras, ten función estructural  formando a membrana das células, pero consumido en exceso acumúlase nas arterias e pode taponalas,  converténdose nun grave perigo para a nosa saúde, abunda sobre todo nas graxas animais.


3  PROTEÍNAS: Están formadas por aminoácidos (aa) . Dos 20 que hai, 12 fabrícaos o noso corpo, pero os outros 8 temos que conseguilos a través da dieta diaria.
A súa función principal é estructural, forman a maior parte das estructuras humanas. Tamén fan a función reguladora a través das enzimas que se forman delas e controlan reaccións químicas como a dixestión. En  caso de emerxencia `tamén poden ter función enerxética empregando o propio corpo para obter enerxía.

       O noso corpo para obter enerxía queima os nutrientes necesarios no seguinte orde:

1º Os glícidos, que són de absorción rápida e consúmense rápidamente, cando éstes se esgotan:
2º Os Lípidos, que són de absorción máis lenta e proporcionan enerxía para máis tempo.
3º As Proteínas, só as emprega o corpo cando xa non lle queda glícidos nin lípidos que consumir.


4  VITAMINAS  :Són de composición moi variada, teñen función reguladora e resultan indispensables para o correcto funcionamento do organismo, o cal non pode elaboralas nin almacenalas, deben ser tomadas diaramente normalmene a través da dieta. Necesitamos un total de 13, e són as seguintes:

Vitamina A- É liposoluble, é dicir, soluble en aceite non na auga, polo que non se pode expulsar pola uriña almacenándose no fígado. Interven na formación e mantemento das células da pel, das mucosas, crecemento óseo, e é esencial para nutrir e o bó funcionamento da retina. Podemos obtela pola inxesta de vísceras, xema de ovo, aceite de oliva...

Vitamina B-É hidrosoluble, polo que tomada en exceso elimínase pola uriña. Faise fundamental para o crecemento e un  bó desenrolo do Sistema nerviso, o Músculo-Esquelético, Circularorio etc.
     Hai varias dentro de este mesmo grupo: B1,B2,B3,B5,B6,B8,B9, e B12. Tamén chamadas:
Tiamina, para o crecemento e a dixestión, atópase nos animais e cereais.
Riboflavina, intervén no crecemento, está na carne, leite e cereais.
Niacina, Intervén en procesos e nzimáticos, tomámola coa carne, peixe e leguminosas.
Ácido Pantoténico, nuttriente esencial para manter a vida está en case tódolos alimentos, levadura de cerveza, xalea real, legumes, carne e ovos, esencialmente.
Piridoxina, "   "       "         nas legunimosas, cereais e carne.
Biotina, Intervén na oxidación das graxas e hidratos de carbono.
Ácido Fólico,Para o metabolismo dos ácidos nucleicos, está en verduras de folla verde, carne, peixe e ovos.
Cobalamina, Inflúe no metabolismo tamén, e atópase na carne, leite e ovos.

Vitamina C-Hidrosoluble, créanna case todo-los organismos menos os seres humanos, e necesitámola para
que o noso sistema inmunolóxico funcione correctamente, contra un arrefriado por exemplo,protéxernos das alerxias e ter unha boa cicatrización nas feridas. Conseguímola comendo froitas e verduras (cítricos, kiwis, tomates...). A súa falta pode provocar escorbuto, como lle pasaba fai anos ós mariñeiros,  que provoca debilidade nas mucosas, tecidos e hemorráxias por todo o corpo.

Vitamina D-Liposoluble, é fundamental para a formación e crecemento  dos ósos e dentes, porque fai posible que o calcio se fixe nestes, a súa carencia produce malformacións no esqueleto de todo o corpo: "raquitismo". Podemos conseguila nos ovos e peixe.

Vitamina E-Actúa como antioxidante na hemoglobina (un tipo de proteína) dos glóbulos vermellos, comsíguese tomando ovos, trigo, aceites vexetais...

Vitamina K-Intervén para a coagulación sanguínea e tamén xenera glóbulos vermellos por medio dunha bacteria que temos no intestino.Obtémola coa inxesta de fígado, verdura de follas verdes e aceites vexetais



5  SALES  MINERAIS : Són nutrientes inorgánicos que se atopan disoltos na auga, tomámolos con ésta ou a través dos alimentos, teñen unha función estructural e reguladora, en procesos fisiolóxicos coma a contracción muscular e a coagulación sanguínea. Necesitamos 27 minerais en porcións pequenas, os mais comús són:
-Calcio (Ca) que se atopa nos dentes e ósos e inflúe nas contraccións musculares, conseguimolos a través dos lácteos, legumes e froitos secos.
-Fósforo (P) Tamén está maiormente nos ósos e dentes, e forma pate do ADN, tomámolo na carne, peixe, leite e legumes.
-Magnesio (Mg) Forma parte a metade dos ósos e outra metade das células, está na carne, verduras, hortalizas, legumes, froitas e leite.
-Ferro (Fe) Forma parte da hemoglobina e intervén no transporte do oxíseno, hai na carne, fígado, legumes e froitos secos.
-Cinc (Zn) Está presente en todolos tecidos, forma parte de moitas encimas e da insulina, e dos ácidos nucleicos, está presente na carne, peixe, ovos, cereais integrais e legumes.
-Cobre (Cb) Tamén está presente en tódolos tecidose pode formar parte da molécula do ADN.
-Iodo (I)  É  un componente da hormona tiroidea. atópase ba sal iodada, peixe, algas e mariscos.
-Potasio ( K  ) Se obtén das hortalizas e das froitas.




6  AUGA  : Nutriente inorgánico esencial para a vida, presente en tódolos seres vivos entre un 60% e un 90% dependendo da especie. Os seres humanos estamos formados dun 62% dela, e necesitamos repoñer cada día de 2 a 3 litros, tomandoa directamente , en zumes ou alimentos que a conteñen.en bastante cantidade,

As súas funcións són:

-Actuar como regulador da temperatura corporal
-Como vehículo de transporte das sustancias do organismo.
-Disolve os ions, minerais e sustancias orgánicas.
-É o lugar onde se desenrolan a maioría das reaccións químicas do corpo...


lunes, 20 de enero de 2014

Las proteinas

piramide nutricional


HABITOS NUTRICIONAIS SANOS

Desayuno: Un tazón de leche con galletas y una fruta.



Media mañana: Un bocata de embutido y un zumo.




Medio día: Comida variada: pasta, pescado, carne, caldo, ensalada con carne y patatas.




Tarde: Bocata, un zumo y un helado algunos días.






Noche: Una taza de leche con cereales o una ensalada y fruta.